Entradas

RACHANDO CO GUIÓN

Imagen
      Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día da Muller , os nenos e nenas de 4º de primaria recibiron un taller moi interesante sobre a igualdade de xénero.     "Rachando co guión" é unha proposta de intervención escolar e social que emprega o xogo dramático e o teatro de monicreques para traballar co alumnado arredor da igualdade de xénero , promovendo a corresponsabilidade social dos coidados e usos do tempo con perspectiva de xénero e acorde aos dereitos da infancia.     Neste encontro, a guía do taller, coa colaboración do alumnado voluntario de 4º de primaria como actores e actrices, escenificaron escenas que representaban diversas manifestacións de desigualdades de xénero. Tras a representación, os nosos nenos e nenas do público, convertéronse en parte activa do proceso, aportando solucións aos comportamentos observados. Estas novas solucións tamén as representarían despois cos monicreques.      O uso dos monicreques por...

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Imagen
      O 11 de febreiro celébrase o día da Nena e da Muller na Ciencia e no colexio de Novo Mesoiro, para celebralo, os nenos e nenas de 5ºB quixeron investigar e coñecer algunhas científícas galegas e de fóra de Galicia.       Para iso, foron a aula de informática do cole e, por grupos, buscaron información sobre as científicas que escolleron e logo plasmaron a mesma nun pequeno mural ben xeitoso. Antes, expuxeron ao resto da clase, a información máis relevante de cada unha para coñecelas mellor e saber en que rama científica destacou cada unha. Empregaron un recurso da @lediciadamestra e quedou así de ben!

MARUJA MALLO

Imagen
      A clase de 2ºB fixo unha actividade en plástica sobre Maruja Mallo aproveitando a celebración do entroido e o contacontos ilustrado sobre esta mesma pintora.   

CONTACONTOS ILUSTRADO SOBRE MARUJA MALLO

Imagen
    No mes de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, recibiu unha visita moi interesante. do contacontos e escritor, Quique Mauricio . Ademais, Quique é autor, xunto con Carlos Álvarez Taboada, do proxecto Polo correo do vento, que é un colectivo especializado en actividades de promoción da lectura, comprensión oral en galego e desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.     Quique veu acompañado da ilustradora Laura Molero e mentres el contaba dunha forma moi dinámica e divertida a biografía de Maruja Mallo, a ilustradora facía un mural representando obras desta pintora galega.      Para rematar o taller, os nenos e nenas realizaron unha caricatura da pintora seguindo as indicacións de Laura. Foi unha experiencia xenial!

VANESSA LODEIRO

Imagen
     No mes de decembro o alumnado do 1º ciclo recibiu a visita da artista coruñesa, Vanessa Lodeiro , para facer un taller navideño.     E como a visita merecía moito a pena, estiveron investigando un pouquiño sobre a súa vida para coñecela máis. Logo, plasmaron os datos máis importantes nunha cartolina ben bonita para ampliar o noso mural:  "Donas de si".      Os nenos e nenas de primeiro de primaria debuxaron un reno e os de segundo, unha bóla de Nadal.      Así de ben o pasaron e así de ben quedaron os seus debuxos!

WANGARI MAATHAI E MARY SHELLEY

Imagen
     Os nenos e nenas de 1º investigamos sobre Wangari Maathai. Coñecémola a través do libro "Wangari y los árboles de la paz: una historia verdadera", escrito por Jeanette Winter (edicións Ekaré).     Gustounos tanto que investigamos sobre a súa vida e o seu país, Kenia.      Tamén coñecemos a outra muller importante, Mary Shelley. Descubrimos como imaxinou a historia de Frankenstein e loitou para publicala.       Ademais, falamos das adaptaións cinematográficas da novela, e mesmo deseñamos os nosos propios monstros. 

A NOSA DEPORTISTA MÁIS CÉLEBRE

Imagen
     Os nenos e nenas de 2º de primaria investigaron sobre unha das atletas máis recoñecidas da nosa terra: Ana Peleteiro.       Para iso, buscaron información sobre ela coa axuda das novas tecnoloxías para logo crear uns murais ben xeitosos que decoran os corredores do noso cole.