BEGOÑA CAAMAÑO
Durante a Semana das Letras Galegas na aula de Audición e Linguaxe relacionamos o traballo propio da especialidade co coñecemento da autora homenaxeada este ano: Begoña Caamaño, escritora e xornalista, unha muller loitadora, feminista e activista.
Despois de ver unha presentación sobre a autora, realizamos diversas actividades: rebumbio de letras, marcapáxinas, mural e ata unha poesía dedicada a Begoña Caamaño.
A continuación, podedes ver o mural.
Esta é a nosa pequena homenaxe a Begoña Caamaño.
O máis divertido foi que traballamos en equipo, colaboramos entre todos para elaborar o mural e a poesía.
Comentarios
Publicar un comentario