CONTACONTOS ILUSTRADO SOBRE MARUJA MALLO
No mes de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, recibiu unha visita moi interesante. do contacontos e escritor, Quique Mauricio. Ademais, Quique é autor, xunto con Carlos Álvarez Taboada, do proxecto Polo correo do vento, que é un colectivo especializado en actividades de promoción da lectura, comprensión oral en galego e desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Quique veu acompañado da ilustradora Laura Molero e mentres el contaba dunha forma moi dinámica e divertida a biografía de Maruja Mallo, a ilustradora facía un mural representando obras desta pintora galega.
Para rematar o taller, os nenos e nenas realizaron unha caricatura da pintora seguindo as indicacións de Laura. Foi unha experiencia xenial!

Comentarios
Publicar un comentario