DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
O 11 de febreiro celébrase o día da Nena e da Muller na Ciencia e no colexio de Novo Mesoiro, para celebralo, os nenos e nenas de 5ºB quixeron investigar e coñecer algunhas científícas galegas e de fóra de Galicia.
Para iso, foron a aula de informática do cole e, por grupos, buscaron información sobre as científicas que escolleron e logo plasmaron a mesma nun pequeno mural ben xeitoso. Antes, expuxeron ao resto da clase, a información máis relevante de cada unha para coñecelas mellor e saber en que rama científica destacou cada unha. Empregaron un recurso da @lediciadamestra e quedou así de ben!

Comentarios
Publicar un comentario