BEGOÑA CAAMAÑO
Durante a Semana das Letras Galegas na aula de Audición e Linguaxe relacionamos o traballo propio da especialidade co coñecemento da autora homenaxeada este ano: Begoña Caamaño, escritora e xornalista, unha muller loitadora, feminista e activista. Despois de ver unha presentación sobre a autora, realizamos diversas actividades: rebumbio de letras, marcapáxinas, mural e ata unha poesía dedicada a Begoña Caamaño. A continuación, podedes ver o mural. Esta é a nosa pequena homenaxe a Begoña Caamaño. Aquí podedes ver algunhas fotos do rebumbio de letras. O máis divertido foi que traballamos en equipo, colaboramos entre todos para elaborar o mural e a poesía.