RACHANDO CO GUIÓN
Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día da Muller , os nenos e nenas de 4º de primaria recibiron un taller moi interesante sobre a igualdade de xénero. "Rachando co guión" é unha proposta de intervención escolar e social que emprega o xogo dramático e o teatro de monicreques para traballar co alumnado arredor da igualdade de xénero , promovendo a corresponsabilidade social dos coidados e usos do tempo con perspectiva de xénero e acorde aos dereitos da infancia. Neste encontro, a guía do taller, coa colaboración do alumnado voluntario de 4º de primaria como actores e actrices, escenificaron escenas que representaban diversas manifestacións de desigualdades de xénero. Tras a representación, os nosos nenos e nenas do público, convertéronse en parte activa do proceso, aportando solucións aos comportamentos observados. Estas novas solucións tamén as representarían despois cos monicreques. O uso dos monicreques por...