VANESSA LODEIRO
No mes de decembro o alumnado do 1º ciclo recibiu a visita da artista coruñesa, Vanessa Lodeiro, para facer un taller navideño.
E como a visita merecía moito a pena, estiveron investigando un pouquiño sobre a súa vida para coñecela máis. Logo, plasmaron os datos máis importantes nunha cartolina ben bonita para ampliar o noso mural: "Donas de si".
Os nenos e nenas de primeiro de primaria debuxaron un reno e os de segundo, unha bóla de Nadal.
Así de ben o pasaron e así de ben quedaron os seus debuxos!

Comentarios
Publicar un comentario